Pequenas miradas a torre do castro

RECONSTRUCIÓN AXONOMÉTRICA

Axonometría. Fonte: Antela, a lagoa asolagada.
Axonometría. Fonte: Antela, a lagoa asolagada.

A conservación de determinados elementos da súa arquitectura, permite reconstruir (axonometría) a súa distribución interna. Dende o primeiro piso que estaría a 5 m do chan accedíase tanto o piso inferior como ós superiores por medio de escaleiras de madeira que actualmente non se conservan. Debido á disposición das ménsulas hai que pensar que os pisos eran planos e de madeira. O acceso a terraza superior faino mediante unha escaleira interior prácticamente no muro.A comunicación da torre co interior ou exterior realízase á altura do primeiro piso a través dunha porta con arco de medio punto que debía cobixar un tímpano, da que só queda parte.

OS MUROS E O RECHEO INTERIOR

María Fdez. 2008
María Fdez. 2008
  • Da torre só se conservan dous muros cas súas esquinas. Consérvanse en bo estado os seus grosos muros norte e leste, e parcialmente o do sur.
  • . O feito de ter roto o parámetro permite ver o recheo interior, feito a base de cal e grandes perpiaños irregulares.

mapio.net (verao 1998). Ancho de muro
mapio.net (verao 1998). Ancho de muro

A PORTA DE ENTRADA

  • .A comunicación da torre co interior ou exterior realízase á altura do primeiro piso a través dunha porta con arco de medio punto que debía cobixar un tímpano, da que só queda parte.

VENTÁS SAETEIRAS DE TIPOLOXÍA DE ASPILLERIA VERTICAL.

J. Aguado
J. Aguado

. Outros van da torre son as ventás saeteiras de tipoloxía de aspilleira vertical; son poucas as que se conservan e abocinadas con moito derrame.

DESMOUCHADA PERO CIMENTADA NA ROCHA

Cándido Paniagua. 2018
Cándido Paniagua. 2018

Cimentación adaptada ó afloramento na roca madre granítica dos penedos, polo que dispuxo do material granítico preciso para a súa construcción.

. Tamén se aprecian restos de muretes con pequenos fosos e as marcas deixadas na rocha pra ser asento de perpiaños, que nalgún caso deixan ver a pranta dun cubo circular.

C. Casa da Lagoa. 2014
C. Casa da Lagoa. 2014
Galicia Máxica. 2017. Resaltes feitos na rocha para apoiar os grosos muros de sillería.
Galicia Máxica. 2017. Resaltes feitos na rocha para apoiar os grosos muros de sillería.
Daniel Paredes (mapio.neet)
Daniel Paredes (mapio.neet)

ALTURA E REMATE CON MODILLÓNS

J. Agudo
J. Agudo

 A sua altura aproximada é de 17.20 m con ausencia de almenado en voladizo. 

A torre remátase con modillóns en cuarto bocel. As ménsulas consérvanse agrupadas de tres en tres, posiblemente para engadir barbacana.

PERPIAÑOS DE PEDRA COLOCADOS A CORDA E TIZÓN CON RECHEO DE MAMPOSTOS.

 Perpiaños grosos e irregulares de pedra ben cortada colocados a corda e tizón (unhas colocadas polo seu lado máis longo-soga- e outras polo máis curso-tizón) e fiadas regulares cun recho interior de grandes mampostos aglutinados por argamasa.  

A PARTE BAIXA DA TORRE E OS POZOS

Galicia Máxica. 2017
Galicia Máxica. 2017
Pozo do Rouso. Javier Devesa. 2016
Pozo do Rouso. Javier Devesa. 2016

Na parte baixa da torre, xunto ás casas, existen dous pozos, un construído hai uns 50 anos por un dos veciños das casas inmediatas, con peitorial (Pozo do Rouso).

Fonte: Información cortesía de Fernando Quintas, Marzo 2018).


" Está situado nun cruce de camiños no lugar do Castro, construido e coidado polos veciños. O pozo vai escavado na rocha e leva pectoril, tamén de pedra e de forma cadrada. Conserva unha simple estructura da que penduraba unha roldana"

Fonte: Manuel Caamaño; As construccións adxectivas na Alta Limia, en Rodríguez González, X., ed.: Patrimonio cultural da alta limia. Discurso histórico e ordenacion do territorio; Fundación Barrié, 2013., páxina 300.

O pozo da torre é moito máis antiguo e de maior tamaño. Ten uns doce metros cadrados de petril por 24 de fondo con grutas laterais en dous lados opostos preto do fin do mesmo. Foi tapiado cunha louza de formigión  armado, obra realizada pola Diputación de Ourense a petición do concello de Sandiás tras unha queixa-denuncia relacionada coa seguridade.

Deste pozo extraérose  numerosos recipientes cerámicos medievais. Actualmente están localizados no Museo Arqueolóxico Provincial dous obxectos cerámicos, unha xarra e un xerro.

Fonte: Información cortesía de Fernando Quintas, Marzo 2018).