
A TORRE DO CASTRO NAS RUTAS DE VIAXE, CREACIÓN LITERARIA E POÉTICA...
A TORRE DE SANDIÁS EN "SAUDADES GALLEGAS" (1880) DE VALENTÍN LAMAS CARVAJAL.


OS OLLOS DO ANXEL DA MORTE
"Vense na Limia unhas torres
que unha historia de doores
gardan as probes en si,
tiveron tan mala sorte
que ollos do anxel da morte
chámanlle ás xentes dalí.
Contan antiguas consellas,
e inda hoxe o din as vellas,
que son parezenza leal
dos ollos dunha coitada
que padeceu namorada
nunha torre de Sandiás.
(...)"
Fonte:
Paisaxes da ourensanía. Antoloxía de Mercedes Pacheco Vázquez, Deputación Ourense, 2015 p. 38-39.
"LA TORRE DE SANDIANES" NOS ROMANCES A SANTA MARIÑA ESCRITOS POR D. LUIS OTERO BOBILLO.

" (...) Que monte del castro llaman
Y al que hoy corona la torre,
carcomida, solitaria,
de los Condes de Sandianes (...)"
Fuente: Vida de Santa Marina en Romances. Luis Otero Bobillo, Orense, Imp. Pap. Otero, 1950.


O CASTELO DE SANDIÁS NAS PROSAS DE VICENTE RISCO (La Zarpa. Diario de los Agrarios Gallegos).

Vicente Risco (Ourense 1884-1963) foi un dos escritores e intelectuais de maior relevancia na Galicia do século XX. Foi un membro destacado da Xeración Nós e desenvolveu un papel fundamental a prol do engrandecemento da cultura galega. Tivo unha evolución ideolóxica moi complexa, na que mantivo posturas conservadoras. No seu ensaio Teoría do nacionalismo galego (1920) expresa os fundamentos teóricos do seu galeguismo.
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1164214&interno=S&posicion=1&presentacion=pagina
A TORRE DO CASTRO NA PORTADA DO LIBRO DO ESCRITOR FRANCO-LIBANÉS AMIN MAALOUF
¿Representará a torre desmouchada un símbolo dunha civilización histórica esmorecida e tamén do esgotamento dos nosos modelos sociais actuais?

" (...) Para o autor libanés non estaría de máis preguntarse se diante dunha situación semellante, a nosa especie non acadou, dalgún xeito, o limiar dun conflito de incompetencia moral se non acaba de iniciar un movemento de regresión que ameaza con derrubar o que tantas xeracións sucesivas tardaron en edificar.
Para Maalouf a deleiba do mundo ten menos que ver co "choque de civilizacións" que co esgotamento simultáneo dos nosos modelos sociais.
Sobre todo, o dos ámbitos culturais cos que el se identifica: o occidental e o do mundo árabe. O primeiro, por ser pouco fiel aos seus propios valores; o segundo, por atoparse pechado nun impasse histórico. Un diagnóstico inquedante que desemboca nunha nota de esperanza (...)"
https://xerais.wordpress.com/tag/a_deleiba_do_mundo/
A CHAIRA DENDE O ALTO DA TORRE DE SANDIÁS E O TRASMUNDO DE ANTIOQUIA.

Rafael Laso Lorenzo
Xinzo de Limia, 1965. É Enxeñeiro Técnico Industrial pola E.U.E.T.I. de Vigo, cidade onde reside e desenvolve a súa actividade profesional no marco da empresa privada. A súa carreira como escritor comeza no 2005 coa publicación da obra infantil Por que Baldomero Quintáns?, que resultou premiada no certame Pura e Dora Vázquez convocado pola Deputación de Ourense. Ao ano seguinte, un relato seu resultou gañador do premio Manuel Oreste Rodríguez organizado polo Concello de Paradela. É tamén autor das novelas Memoria contra o Alzheimer (Edicións Xerais de Galicia, 2008) e A vida que non é (Edicións Tambre).
Fonte: Edicións Cumio
O capítulo das páxinas 71-77 leva por título A Chaira dende o alto da Torre de Sandiás.
GALICIA, XINZO E SANDIÁS NUNHA VIAXE DO PORTUGUÉS FIALHO DE ALMEIDA EN 1905
" (...) Moi lonxe, a esquerda da estrada, alá en baixo, unha inmensa torre quebrada nun outeiro (Torre do Castro) (...)"
Fonte: Tomado de https://historiadexinzo.wordpress.com/2014/06/05/galicia-vista-por-un-portugues-interesante-vision-de-xinzo-en-1905/

Ano 1754: Segundo viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de Madrid a Galicia

"Hoxe 31 de outubro de 1754. Saín de Ribeira a Lamas (Santa Maria). Río de Xinzo. Xinzo queda á dereita. Nace na serra do Larouco (cerca de Portugal, distante de Xinzo 3 ou 4 leguas). Ponte das Poldras. Río Limia. Á esquerda Telleiro e Santa María de Couso. A torre de Sandiás, e fregresía. A torre á dereita. Piñeira de Arcos, fregresía, dita Zadagós. Ermida de San Marcos. Dende este alto sobre a dita ermida vese casi toda A Limia. Costa de San Marcos moi longa e penosa que baixa a Allariz".
Fuente: Faceebook Xav.Feix 3 marzo 2018
A TORRE DO CASTRO NOS DIARIOS DE VIAXE DE XOSÉ CORNIDE


"El 25 por Piñeira y Sandiás se dirigieron a Xinzo de Limia y Chamosiños (..)"
Fuente: Juan Manuel Abascal y Rosario Cebrián; Los viajes de José Cornide por España y Portugal desde 1754 a 1801, Real Academia de la Historia, 2009, p. 53.
Memorias del Viaje que voy a hacer desde la Coruña a la Corte (1754).
"Dejamos a la izquierda una torre ya derrotada que es hoy de la Exma. casa de Malpica y que fue fundación de Sancho Díaz, padre de Bernardo del Carpio, de donde San Díaz o Sandiás según Pellicer"
(página 141).
A TORRE DO CASTRO POR XAVIER FEIXOO

- Colaboración de Xavier Feixoo sobre A Torre do Castro, páxinas 60-61.
VALENTIN LAMAS CARVAJAL E O CASTELO DE SANDIÁS

Aló de Xinzo no chau garrido, beira do "Lago da Limia", erguido foi o Castelo de Sandiás; mole de pedra que doutros días garda lembranzas e melodías, morto recordo de anos atrás. (...)
Este castelo, de cen historias que xa pasaron garda memorias; pero ningunha tanto valeu como a da virxen que eiquí penando a vida enteira pasou amando, e , coitadiña, de amor morreu.
- Fonte: Valentín Lamas Carvajal: "O catelo de Sandiás", Espiñas, follas e flores, 1875. Tomado de Lethes, nº10, 2011, p. 76-77.
ENTRE O RELATO CIENTÍFICO E LITERARIO: OLLADAS Á PAISAXE NATURAL E HUMANA DA LAGOA DE ANTELA NA OBRA DE OTERO PEDRAYO

Unha paisaxe composta de cores, sons, sensacións, sentimentos, vivencias, por persoas, animais, árbores, ríos ou edificios históricos entre outros elementos.
"Como hecho geográfico ligado al tiempo, se nota claramente el ritmo retardado en el imperfecto circular de las aguas, que en los inviernos acentúan los aspectos lacustres y con ellos el papel de los espolones y colinas rocosas, solar de castillos y de lugares labriegos. Tierra verde, nebulosa, fría, de robledas y aguas muertas, dominio de los ocres y rubios del otoño de montaña, del oro grave de los centenos, tiene la Limia vuelos de aves palustres, una flora propia y hasta como elemento del paisaje nocturno el canto de las ranas." (Otero, 1958, p.73-74).
Fernández Portela, J. (2017) El paisaje de Galicia desde la perspectiva de Otero Pedrayo: la interdisciplinariedad y la influencia del romanticismo. Nudos 2(1). Pp. 30-49.